martes, 29 de decembro de 2015

O coello



O meu terceiro traballo de plástica é un debuxo dun coello. Para a realización do mesmo usei a técnica da acuarela.

Os materiais empregados son: 
  • Folio A4 para acuarela 
  • Acuarelas
  • Pinceis
  • Lapis
  • Goma

O proceso de elaboración:


  1. Fixen o debuxo a lapis.


  
    2. Pintei a primeira capa con acuarela ao coello.




    3. Na seguinte capa xa lle fixen os detalles ao coello.





O resultado final:





O boneco de neve



O meu segundo traballo de plástica é un boneco de neve. Para a realización do mesmo usei a técnica do modelado.



Os materiais empregados son:

  • Pasta blanca de modelar
  • Pintura de dedos
  • Pinceles
  • Fío
  • Ganchillo
  • Agulla
  • Cola branca


O proceso de elaboración:

  1. Fixen as dúas bolas do corpo do boneco de neve. Para pegar as dúas bolas antes de que seque hai que botarlle auga con cola na superficie a pegar. 




  2. Fixen os ollos, o nariz e a boca con pasta de modelar e deixeino a secar.

  3. Fixen coa técnica crochet a bufanda e o gorro. 

  4. Pintei todas as pezas.

  5. Dende que estaba seco peguei todas as pezas con cola branca ao corpo do boneco.






O resultado final: 




O oso



O meu primeiro traballo de plástica é un oso de peluche. Para a realización do mesmo usei a técnica do puntillismo.



Os materiais empregados son:

  • Folio A4
  • Rotuladores
  • Lapis
  • Goma


O proceso de elaboración:

  1. Fixen o debuxo a lapis.
  2. Pinteino con rotuladores empregando a técnica do puntillismo.




  

O resultado final: